Cabecera Vide

Quique Domínguez xa ten media ducia de partidos para a pretempada do Pilotes

pilolo1O Pilotes Posada xogará un mínimo de sete partidos esta pretempada, que comezará o vindeiro 3 de agosto.

O día 13 dese mes, na Coruña, medirase ao OAR; o 21, no Porto ante o conxunto portugués e o 26 en Pontevedra fronte ao Cisne. A continuación, Baiona e Lalín serán lugares onde verán aos académicos: o 28 no Val Miñor fronte ao ABC de Braga no Trofeo Concello de Baiona e o 4 e 5 de setembro a Copa Deputación en Lalín. Salvo algún amigable máis que se poidera pechar, Quique Domínguez rematará a pretempada cos seus xogadores nun triangular en Lalín o 11-S.

Tras presentar ao pivote Dani Cerqueira, Moledo e González, falta por facer rolda de prensa das últimas fichaxes: os laterais Miro Barisic, Juanjo Ruesga e Tautvydas Mikalauskas e o porteiro arxentino Leonel Maciel. Ademais, o club anunciou que terá que contratar aínda un lateral dereito e un extremo. O grupo vigués está composto por 17 xogadores, que terán que quedar en 16.