Vigo, de novo cidade básica nas novas retransmisións deportivas

Imprimir

veo

VEO7 está a realizar unha firme aposta polo fútbol sala e a segunda semifinal, Inter Movistar-Xacobeo 2010 Lobelle de hoxe, estreará as retransmisións desta cadea coas semifinais da Supercopa de España.

Tras selar o acordo de retransmisións coa Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) a principios do pasado mes de decembro, os profesionais da cadea do grupo Unidad Editorial están traballando moito para que o seu apaixonante reto de ofrecer o fútbol sala dun xeito innovador en televisión teña un fiel reflexo na súa estrea na Supercopa de España Vigo 2010, que se celebra hoxe e mañá nas Travesas. Como ocurreu con Mediapro no Mundial de hóckey a patíns no Ifevi no verán de 2009, Vigo é a cidade elexida para unha nova formar de ofertar os encontros deportivos na TV.

VEO7 estrearase nas retransmisións de fútbol sala o vindeiro xoves día 7, coa segunda semifinal da Supercopa, que enfrontará a Inter Movistar e ao , a partir das 21:00 horas. Mañá, a cadea de TDT retransmitirá a gran final, ás 21:00 horas. As retransmisións estarán lideradas polos xornalistas Miguel Ángel Méndez e Alfredo Duro, e contarán cun previo e un post no que se analizarán, de forma detallada, todos os encontros, ofrecendo, ademais, imaxes deste deporte que nunca se mostraron na pequena pantalla e chegando aos recunchos máis inhóspitos e exclusivos, como poden ser os vestiarios dos equipos.

Pero a aposta de VEO7 non se detén aí. A ilusión que depositaron os responsables da cadea neste proxecto levoulles a programar a gravación dun vídeo promocional en Vigo, coincidindo coa disputa da Supercopa, no que estarán presentes xogadores dos catro equipos participantes: ElPozo Murcia Turística, Inter Movistar, FC Barcelona e Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago. A gravación terá lugar mañá venres e o vídeo emitirase en vindeiras datas en VEO7.