Cabecera Vide

O Octavio únese á loita contra o cancro de mama

O Academia Octavio únese á iniciativa promovida pola Federación Española de Balonmán e difundida a través dunha carta aberta do seu presidente, Francisco V. Blázquez, para conmemorar o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama. Coincidindo a celebración desta xornada de concienciación co próximo partido do Academia Octavio (domingo 19 de outubro contra o Interestar Deporte Maristas Algemesí, 12:00 horas, As Travesas), o equipo lucirá na súa vestimenta un lazo rosa, símbolo desta causa.