Cabecera Vide

Máis de 300 siareiros do Xacobeo 2010 Lobelle nas semifinais

Dende que se fixo público que o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS fretaba autobuses para os seus afeccionados a demanda de prazas foi crecendo. De feito, ao final o club decidiu fretar un autobús máis para que ninguén quede en Santiago.

En total está previsto que se despracen 150 persoas nos medios de transporte contratados polo Xacobeo Lobelle, xunto con outros tantos que viaxarán a Vigo nos seus propios vehículos. O Xacobeo 2010 Lobelle estará polo tanto apoiado ao máximo pola súa xente no que será un auténtico partidazo ante o Inter Movistar esta noite ás 21:00 horas.

O Xacobeo xa disputou a final da Supercopa en setembro de 2006 diante do ElPozo Murcia Turística. Foi en Castellón e perdeuna por 3-2. Agora, o equipo galego tentarano de novo.