A Estrada acolle a segunda concentración do programa se busca campión de bádminton o próximo 7 de xaneiro de 2010

Imprimir

O 7 de xaneiro de 2010 terá lugar no Centro de Tecnificación de Galicia de Bádminton de A Estrada a segunda concentración galega do programa Se Busca Campión 2009/2010. Esta concentración vaise celebrar na Pista Anexa do Pavillón Municipal "Couto Ferreiro" da Estrada en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas baixo a dirección do técnico responsable do CETD A Estrada Rafael Vázquez.

Para esta concentración foi convocados un total de 30 xogadores da categoría sub-13 pertencentes aos clubs CB Outes, CB Ás Neves, Club Athlos de Ourense, CB Rachaplumas de Vigo e CB A Estrada.

Ademais dos xogadores sub-13 tamén van estar un total de 14 xogadores da categoría sub-15 dos mesmos clubs.