Cabecera Vide

Miguel Casal e Arianna Paules campiones do Master Galego de Tenis 2009

mastergallegotenis09Miguel Casal Arantes e Arianna Paules Aldrey foron os vencedores do Master Gallego de Tenis 2009 celebrado os días 2 e 3 de Xaneiro de 2010 nos Pavillóns de Serves e Coroso situados en Ribeira.

 

No cadro feminino, as semifinais enfrontaron por un lado a Eva Vilar e Natalia Galán, co resultado final de 62 62 favorable a Eva Vilar. Por outro lado Arianna Paules vencía a Diana Martínez cun resultado de 61 64.

Polo tanto a final feminina disputárona Eva Vilar e Arianna Paules con triunfo desta última cun resultado de 62 64.

O Público de Ribeira foise animando facendo cheo no pavillón de Sistres para gozar do bo xogo dos catro mellores xogadores clasificados para as semifinais neste Master Gallego.

Miguel Casal e Rodrigo Figueroa protagonizaron a primeira semifinal, ambos os dous solicitaron ao Xuíz Árbitro dilucidar o terceiro set cun supertiebreak, sendo o resultado final a favor de Miguel Casal de 64 46 10-5.

A segunda semifinal, que comezou a 1 da tarde, foi disputada entre os novos xogadores do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pablo Lijó e Cristian González.

Pablo e Cristian ofreceron un primeiro set moi emocionante, onde despregaron todas as súas armas e deixou ver o público de Riveira a súa gran potencialidade para afrontar moi pronto un futuro profesional no tenis. No segundo set, Cristian acusou molestias no seu ombro e nada puido facer ante un Pablo moi crecido ante o seu público. O resultado final 76 62 para Lijó.

Xa na final, que deu comezo no pavillón de Sistres, os nenos recollepelotas, os liñas e o Xuíz esperaban a chegada á pista dos dous protagonistas, Miguel Casal e Pablo Lijó.

O xogador local, apoiado por todo o público asistente, nada puido facer ante a veteranía dun xogador como Miguel Casal, que tamén recibiu os aplausos das súas mellores xogadas e que punto a punto se foi facendo co partido para o desespero de Pablo. O resultado final foi de 63 63 para Casal, que revalida o título.

Ás 8 da tarde, procedeuse á entrega dos premios, tanto do Master coma doutros campionatos celebrados en Ribeira, á que asistiron as autoridades da localidade.

Finalizou o Master cun sorteo de material deportivo e regalos das empresas patrocinadoras ante o numerososo público asistente.

 Cuadros Master de tenis (121.6 kB)