I Xornada de deporte solidario Baiona 2009

Imprimir

foto-jornada-3A concellaría de deportes do Concello de Baiona conxuntamente cos clubs locais de Baiona; Club Baloncesto Baiona, Club Balonmán Baiona e Erizana CF organizaron o pasado día 23 de Decembro a I Xornada do Deporte solidario en Baiona 2009.

A xornada desenvolveuse nun ambiente vacacional e distendido onde os niñ@s participantes gozaron de actividades deportivas adaptadas en función ás idades e onde o único obxectivo perseguido era o esparexemento e diversión ademais de facerlles entender a importancia da solidariedade e as necesidades que outros nenos ao igual que eles padecen.

A Campaña e participación é valorada positivamente xa que foron un total de 74 os crios participantes e sendo moitas as doazóns que estes achegaron; alimentos, xoguetes, roupa, material escolar e material deportivo.

O material recompilado distribuirase coas seguintes entidades colaboradoras:

• Aldeas Infantís (Redondela); que recollerán o material deportivo, o escolar e a roupa.
• Ludoteca de Gondomar (Gondomar); que recollerán os xoguetes.
• ONG Axuda ao Mundo Necesitado (Baiona); que recollerá os alimentos.

O obxectivo perseguido conseguiuse pero todas as entidades participantes adiantan que haberá máis edicións do Deporte Solidario en Baiona e que o grande reto perseguido será conseguir durante uns minutos que todo o Vai Miñor faga deporte como medida de concienciación e solidariedade aos que máis o necesitan.

Para obter máis información e detallada deberán poñerse en contacto co Pavillón de deportes Municipal de Baiona chamando ao T: 986.356.558 ou a través de email; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..