Cabecera Vide

Os e as participantes na carreira do Pavo puntuarán no circuíto Cidade de Vigo se a súa inscrición é na categoría da súa idade

50x70pavoDiante dalgunhas dúbidas xurdidas sobre o tipo de inscrición para a última proba do circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, a Concellería de Deportes, a delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo e a Fundación VIDE informan que para puntuar nas clasificacións das categorías do circuíto pedestre (promesa senior masculina ou feminina, F-35, M-40, M-50 e M-60) e para optar aos premios en metálico establecidos nesta primeira edición do circuíto de cinco carreiras, os atletas e as atletas deben inscribirse nas categorías correspondentes ao seu grupo de idade.

A Carreira do Pavo ten a particularidade respecto das demais do circuíto de correrse en varias categorías coa opción de que veteranos e veteranas compitan na senior, advertindo de que entón perden toda posibilidade de disputar os premios.

No circuíto Cidade de Vigo ocorre igual: se os veteranos e veteranas deciden correr nunha categoría que non é a da súa idade, quedarán fóra dos puntos en xogo.