Lekhili e María Jesús Gestido, vencedores do Medio Maratón Cidade de Vigo

Imprimir

O marroquí Hassan Lekhili (Ourense Academia Postal) e a canguesa María Jesús Gestido (Playas de Jandía) foron os vencedores da primeira edición do medio maratón Cidade de Vigo, con saída e final no Náutico e que concluíron 342 atletas, vinte deles mulleres. A proba, que comezou cun pequeno atraso por un fallo da pistola coa que o xuíz daba a saída, tivo o respecto da choiva, que só asomou entre o final da carreira e a áxil entrega de premios. Organizada pola empresa Prime Time coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a cronometraxe de Cronotec e o patrocinio de Ibercaja e da Concellería de Deportes, entre outras firmas, a carreira confirmou as expectativas de participación e, sobre todo, que para os atletas o percorrido chairo permitiralles facer boas marcas.

De feito, dende a mesma saída un grupo dunha ducia de atletas tomou o mando e, na rotonda do Berbés, antes de completar a primeira das tres voltas ao circuíto, xa se produciu a primeira selección natural quedando só cinco favoritos. En mulleres, mentres, Gestido corría sen rival entre os postos vixésimo e vixésimo quinto da xeneral. A canguesa completou un fin de semana grande. Onte impúxose na carreira popular de 10 quilómetros que organizaba a Fundación Óscar Pereiro, e esta mañá a campioa de España de maratón foi un ciclón. Lekhili, que chegaba pletórico polo seu segundo posto na popular de San Martiño, gañou con oito segundos sobre o ponteareno Bargiela (Interrunning Team), o fixo en todo podio das populares. O marroquí tivo menos vantaxe que a que lle deu a proba por un descoido a piques de rematar a derradeira volta que emendou con rapidez. Completaría o podio da xeneral Akka Essaadaoui , outro fixo das carreiras pedestres, aínda que xa a distancia de primeiro e segundo. O céltico Sergio Iglesias sería cuarto e gañouse tamén a vitoria en categoría promesas.

A proba non só tivo interese deportivo senón boa organización. A Policía Local xestionou con eficacia os pasos por Beiramar co túnel aberto ao tráfico e vehículos e atletas conviviron sen

problemas entre o Náutico e Bouzas. O coñecido atleta vigués Carlos Adán tamén estivo, pero non competidno: tocáballe traballar (é axente da Autoridade Portuaria). Entre os participantes non só houbo grandes figuras; Eduardo Vieira, patrocinador da Vig-Bay, participou e acabou terceiro na súa categoría (veteranos E); outro deportista que acabou foi o xigante José María Rodríguez (2,02 metros), durante anos central do Club Voleibol Vigo e que é fixo nas carreiras populares.

A mala sorte da xornada tívoa Montserrat Carreira, outra habitual das probas atléticas viguesas, que foi segunda na súa categoría pero acabou lesionada (posible fascitis plantar nun pé). Levou unha boa ovación na entrega de premios, á que acudiron os concelleiros de Deportes (Xabier Alonso) e de Igualdade e Xuventude (Iolanda Veloso), ademais do director de Ibercaja en Vigo, Daniel Gómez.

Declaracións María Jesús Gestido.
“Estou moi contenta por gañar o sábado en Mos e hoxe. As dúas probas non son comparables por distancia e na proba de onte ademais estaba Soledad Castro. Esta carreira é boa para facer marcas. O percorrido estivo ben aínda que tivemos o aire en contra. Agora vou correr a Espada Toledana (28 e 29 de novembro) e despois, a preparar a tempada de maratón ata febreiro”.

Todos os premios

Categoría absoluta masculina

Posto

Atleta

Tempo

1

Hassan Lekhili

1:07:16.54

2

Daniel Bargiela

1:07:24.68

3

Akka Essaadaqui

1:09:03.26

 

Absoluta feminina

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Mª Jesús Gestido

1:19:16.74

2

Paula Pérez

1:32:34.99

3

Cristina González

1:33:38.35

 

Senior masculina

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Daniel Bargiela

1:07:24.68

2

Akka Essaadaqui

1:09:03.26

3

Rubén Pereira

1:11:38.22

 

Senior feminina

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Mª Jesús Gestido

1:19:16.74

2

Paula Pérez

1:32:34.99

3

Cristina González

1:33:38.35

 Promesa masculina

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Sergio Iglesias

1:10:09.57

2

Jonas Peres

1:16:01.09

3

Jorge Martínez

1:31:05.85

 Junior masculina

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Carlos Vila

1:47:28.35

2

David Carbo

1:47:28.74

 Veteranos A feminino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Pamela Andrea Rdguez.

1:42:30.00

2

Dolores Alejos

1:49:16.40

 

Veteranos A masculino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Hassan Lekhili

1:07:16.54

2

José César Gil

1:15:31.60

3

Alberto Meléndez

1:15:56.59

 

Veteranos B feminino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

María José Velázquez

1:33:47.00

2

Montserrat Carreira

1:42:20.22

3

Isabel Rodríguez

1:48:46.90

 

Veteranos B masculino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Alberto Fdez. Pérez

1:14:10.00

2

Manuel Gómez García

1:14:57.99

3

José M. Glez. Santamaría

1:20:42.03

 

Veteranos C feminino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Aurora García

1:36:36.23

 

Veteranos C masculino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Joaquim Rodrigues

1:19:59.51

2

José Ramón Collazo

1:21:37.45

3

Germán Morenza

1:23:28.12

 

Veteranos D masculino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

José Álvarez Alfonso

1:19:06.21

2

Antonio Fdez. Hermida

1:23:04.33

3

José Jardón

1:23:23.38

 

Veteranos E masculino

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Julio Ojea

1:23:34.44

2

Vicente Alfonso Rdguez.

1:26:47.37

3

Eduardo Vieira

1:31:46.99

 Premio cliente Ibercaja

 

Posto

Atleta

Tempo

1

Roberto Boga

1:23:19.12

  Clasificación I Media Maratón Cidade de Vigo (83.29 kB)