Cabecera Vide

Comeza a liga na División de Honra para o Blusens

Monreal e Mera atópanse ultimando detalles de cara ao inicio de liga na que o Blusens Universidade de Vigo o fará como local ante o equipo madrileño de Complutense Cisneros, histórico equipo do rugby español. O equipo vigués vén traballando ao completo salvo pola baixa do pilier catalán, aínda que xa considerado xogador da casa, Oscar Ferreras, que deberá gardar repouso para os primeiros meses de liga.

Segundo Monreal, "os xogadores vidos dende Nova Zelandia adaptáronse moi ben á dinámica do equipo na que estivemos a ensaiar varias xogadas que se irán consolidando ao longo da tempada. Tamén se incorporaron a división de honra algúns xogadores do segundo equipo que se integran moi ben".

O Cisneros foi unha das revelacións da pasada tempada cando venceu con claridade ao Blusens Universidade en As Lagoas Marcosende, aínda que no partido de volta en Madrid o equipo vigués perdeu por un punto. Malia ter varias baixas, novos xogadores incorporáronse este ano, polo que sumado á consolidación dos seus novos xogadores, algúns xa seleccionados con España, espera un difícil rival para este partido.

O partido xogará en As Lagoas Marcosende, na Cidade Universitaria de Vigo, o sábado ás 16.00 h, aínda que dende as 15.00 h estarán abertos os accesos para a inauguración da tenda do club e a entrega de carnés dos socios.