Cabecera Vide

O Blusens presentou a nova campaña

vigo_rugby_presentacionO pasado venres, coa asistencia do Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o Blusens Universidade de Vigo Rugby presentou a nova tempada coas incorporacións estranxeiras dos neozelandeses Luke Graham, Josh Rowland e Sam Hayes-Stevenson, o tongano Falemaka Tatafu e o hispano francés Jérémy Simon.

Co obxectivo de manter a categoría, o equipo vigués presentou tamén as súas novas equipaciones desenvolvidas pola empresa viguesa, Amura. Da mesma forma, deu a coñecer o novo convenio de colaboración das categorías inferiores do club co colexio O Castro British School, único colexio británico de Galicia.

O equipo de David Monreal comeza a tempada, na División de Honra, o próximo sábado día 14 ás 16 horas, ante o Cisneros no Campo do CUVI.