Jorge Casales, becado Vide, proclámase campión do mundo júnior de trial

Imprimir

casalesO piloto vigués e becado Vide, Jorge Casales Carrasco, proclamouse, esta fin de semana, no Gran Premio de Francia, campión do mundo júnior de trial. Casales pechou, onte, a súa participación no premio galo en segunda posición converténdose, aos seus dezaoito anos, no campión do mundo júnior de trial máis novo da historia.

Becado Vide en 2009 e 2011, Jorge debutou en competición en abril do 2005 no Campionato de Asturias de xuvenís. En 2007, foi campión galego de trial en categoría cadete. Ao ano seguinte, proclamouse campión da Copa de España xuvenil 125 cc e campión galego de trial en categoría júnior. Un ano despois, campión da Copa de España cadetes 125 cc e campión galego trial júnior. Xa en 2010, alzouse co campionato de Europa Youth 125 cc e co campionato de España júnior. En 2011, foi campión de España TR2. O ano pasado, quedou en quinta posición no Campionato do Mundo,  sexto posto no Campionato España absoluto e primeiro no Campionato Galego.

Na fotografía, de Miguel Núñez,  Jorge Casales recolle a beca Vide no ano 2011.