O Octavio inicia hoxe a súa participación no Trofeo do Rosal

A XV edición do Trofeo Concello O Rosal dará hoxe o pistoletazo de saída, ás 20 h., co encontro entre o Academia Octavio e o ABC Braga no Pavillón do Rosal. Será o segundo encontro que xoguen os dous conxuntos esta pretempada. No primeiro levou a vitoria o equipo portugués por 31 a 23.

Os outros equipos que participan no torneo son o Frigoríficos do Morrazo Cangas e o anfitrión, o Mecalia Atlético Novás.

Tras esta primeira xornada, mañá disputarase o terceiro e cuarto posto ás 18 h. e a final será ás 20 h.