Semana de moito traballo para o Octavio

Ao Academia Octavio agárdalle unha semana intensa de pretempada. Os vigueses xogan mañana en Lalín os cuartos da Copa Galicia fronte ao Embutidos Lalinense-Balonmano Lalín ás 21.30 h.

Os académicos tamén participarán na XV edición do Trofeo Concello O Rosal, xogando o  primeiro partido o venres as 20 h. O seu rival esta vez será o equipo luso, ABC Braga. Xa o sábado, en caso de perder a súa semifinal, o trofeo conta cun partido para o terceiro e cuarto posto.