Nova campaña do carné Siareiros elite cos prezos conxelados

Imprimir

siareiros_fondo_azulPara esta tempada 2013/2014 os prezos dos carnés SIAREIRO ELITE continuarán conxelados atendendo á situación económica actual. Dende 2007 manteñen o mesmo prezo sen subir tampouco o IPC. Seguen no programa as doce entidades deportivas de sete deportes (balonmán, baloncesto, voleibol, hóckey a patíns, fútbol, béisbol e rugby).

Así, continúan Octavio, Lavadores e Seis do Nadal (balonmán), C.D. Bosco e Amfiv (baloncesto), C.V. Vigo e Xuvenil de Teis (voleibol), El Olivo (fútbol), Bembrive FS (fútbol sala), Traviesas VSK (hóckey a patíns),  Halcones de Vigo (béisbol) e Vigo Rugby (rugby).

O Academia Octavio xa iniciou a súa campaña de captación e outros equipos comezarana en vindeiras datas.

Incorpóranse por terceiro ano consecutivo posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de 5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais). Os afeccionados/as que queiran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.

Prezos abonos do programa Siareiros Elite 2013/14:

ûInfantil (ata 12 anos): 15 €.
ûXuvenil (ata 21 anos): 40 €.
ûUniversitario: 40 €.
ûXubilado: 40 €.
ûPensionista: 40 €.
ûPensionista (PNC): 30 €.
ûDesempregado individual: 50 €.
ûFamiliar especial: 90 €.
ûIndividual senior: 95 €.
ûFamiliar (máximo 5 persoas): 150 €.
ûPalco VIP individual: 300 €.
ûPalco VIP dúo: 500 €. 

A documentación necesaria, segundo os casos, é:

 Folla inscrición Siareiros (2.77 MB)