Chano Rodríguez pecha a súa participación no mundial de Montreal cunha prata e dous bronces

Imprimir

chano-rodriguezO vigués, becado Vide, mantense na elite internacional tras a súa excelente participación nos Mundiais de Natación Paralímpica, celebrados entre o 12 e 18 de agosto no Parque Jean Drapeau de Montreal (Canadá), onde conquistou tres medallas, unha de prata en 4 x 50 estilos e dous de bronce, unha en 100 metros libre e outra en 50 metros libre S5.

Chano seguirá a súa preparación para chegar ao máximo nivel aos Xogos Paralímpicos de Río 2016 aos que chegará con 59 anos.