patin_vagalume_femOs días 23 e 24 celébrase o I Trofeo Nacional Cidade de Fuengirola de patinaxe artística sobre rodas na modalidade de Solo Dance, organizado polo Club El Tejar. Participan deportistas de toda España, incluíndo unha representación galega formada polos patinadores do Club Patín Vagalume, Blanca FandiñoÁngel Pidal. O Trofeo é clasificatorio para as competicións internacionais.

A modalidade de Solo Dance se está implantando con forza en España nos últimos anos, aínda que non se recoñeceu oficialmente por parte da Federación Española. A Federación Andaluza é pioneira introducindo a modalidade no noso país, que xa se empeza a practicar tamén en Cataluña, Valencia, País Vasco... Na nosa Comunidade son os Clubs Alquimia, de Carral, e Vagalume, de Vigo, os que están a apostar por ela polo momento. Na presente tempada xa se celebraron competicións autonómicas.

patin_vagalume_masSolo Dance consiste na representación de coreografías individuais que se caracterizan polas restricións nos saltos e piruetas, dando moita máis importancia á execución dos pasos de baile, que deben axustarse perfectamente á música. Fisicamente é menos esixente que outras modalidades como a patinaxe libre, pero require de gran precisión por parte dos patinadores na execución dos pasos.