O hispano francés Jérémy Simon incorpórase ao Blusens Universidade

Imprimir

jeremiChega do Boucau de la Fédérale 2 francesa. O novo xogador de 21 anos foi contactado durante o pasado partido entre as seleccións de Galicia e Euskadi, seleccionado no cal xogou no posto de apertura, a súa posición natural aínda que tamén o pode facer de medio loita. Incorpórase desta forma para reforzar a liña de tres cuartos e como alternativa a Maguna e Luke Graham.

Simon xa realizou o seu primeiro adestramento co Blusens Universidade de Vigo no que xa apuntou boas maneiras. Provén do Boucau da Fed2 (cuarta división francesa) aínda que xogou en Fed1, e na súa etapa de xuvenil chegou a xogar varios partidos co segundo equipo do Biarritz Olympique do Top 14, onde estivo dúas tempadas.

Fotografía: Jérémy Simon no partido Galicia vs Euskadi, neste caso a punto de placar ao seu novo compañeiro de equipo, o talonador Marcos Muñiz. Autor da foto Diego Dolan.