Agridulce fin de tempada para Halcones de Vigo

Imprimir

374ronny-materano-en-accionHalcones de Vigo finalizou a súa participación na Primeira División do Béisbol Nacional cunha meritoria segunda praza e un fin de semana de tolos. Cun persoal mermado polas baixas, e tras unha viaxe por estrada de máis de 14 horas, o equipo vigués só puido xogar un dos dous partidos programados.

O atraso en presentarse para o primeiro encontro no campo de Algezares (Murcia) provocou que o árbitro declarase a vitoria do equipo murciano por incomparecencia, cun marcador oficial de 9 carreiras a 0.

Cun agotamiento evidente, pero motivados por perder un partido "nos despachos", a novena galega demostrou a súa superioridade no diamante cunha traballada victorial. Foi un partido vibrante, que se prolongou máis aló das nove entradas reglamentarias, e finalizou cun contundente 11-17 para os vigueses.

Non houbo sorpresas no outro enfrontamento da División, en que CBS Rivas -campión da categoría desde fai varias xornadas- impúxose con claridade a Benamejí por 17-2 e 15-1. Estes resultados deixan a Halcones de Vigo con 5 vitorias, unha máis que o equipo cordobés, e nunha segunda praza que pode supoñer o ascenso a División de Honra logo de só unha tempada na Categoría de Prata do Béisbol Nacional.