taekwondovigo2E a Universidade de Vigo irá aos I Europeos Universitarios en Braga en decembro. O taekwondo galego en particular e o europeo e mundial en xeral seguirán tendo a Vigo e ata á Eurorrexión de referencia tanto no que queda de ano como para 2010. A Asociación Europea de Deporte Universitario (EUSA) fixou a cidade de Braga como sede da primeira edición dos Campionatos de Europa de taekwondo universitario, no vindeiro mes de decembro (10-12), e a Universidade do Minho será a encargada de facer un gran evento no Pavilhao Desportivo Universitario.

A organización calcula que serán uns 150 taekwondistas de catorce países os que pelexarán polas medallas en categoría masculina (-54 quilos minimosca, -58 mosca, -63 galo, -68 pluma, -74 lixeiro, -84 welter, -87 medio e +87 pesado) e en mulleres (-46 minimosca, -49 mosca, -53 galo, -57 pluma, -62 lixeiro, -67 welter, -73 medio e +73 pesado).

A Universidade de Vigo confirmou a súa participación na cita bracarense sete meses antes do XI ampionatos do Mundo Universitarios de taekwondo de Vigo 2010 que organizará a Fundación Vigo en Deporte en colaboración co Concello e a propia Uvigo, entre outros.