Cabecera Vide

Raúl Bouzas e Joel González levan o ouro a España na xornada de clausura dos Europeos sub 21

taekwondovigo1 Joel González (Cataluña) e Raúl Bouzas (Galicia) salvaron a España nunha magnífica xornada final dos primeiros Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo. Tras dous días de seca de primeiros postos, o arousano e o catalán depararon dous combates impecables.

 

No peso medio ( -84 quilos), Juan Méndez impúxose ao esloveno Alen Begic (11-9) e en cuartos desfacíase do letón Sergey Paradnik (4-0), pero en semifinais o ruso Aydemir Shakhbanov (5-11) nun combate resolto polo ex soviético con facilidade, pois pronto se puxo 0-6.

Logo chegarían as alegrías dunha xornada memorable. Raúl Bouzas, do Olimpic Vilagarcía ( -72 quilos, peso lixeiro), sería o primeiro en facer vibrar o central de Ás Travesas, que rexistrou a mellor entrada das tres xornadas. Bouzas foi superando ao azerbayano Elvin Mammadov (5-4), ao bielorruso Andrei Hrabouski (10-7) e, en cuartos de final, ao serbio Aleksandr Jankovic (9-1), ao que masacrou con dúas patadas de tres puntos (na cabeza) e ao que dominaba 7-1 tras os dous primeiros minutos. Co bronce asegurado esperábao o alemán Jens Leewen. O galego empezou por diante (1-0) pero o xermano respondeulle con dúas patadas na cabeza (1-6), a segunda no segundo asalto. Pintaba mal, aínda que a afección estaba envorcada con Bouzas. E este non defraudou: puntito, patada de tres puntos e outra patada máis na testa do adversario para colocarse 8-6 e facer vibrar ao graderío dende o tapiz 1. Non obstante, o camiño ao ouro chegaría non sen pouco sufrimento. Leewen reaccionaba e colocábase 8-9, Raúl volvía tola á bancada (10-9) e, a catro segundos do final do terceiro asalto, a patada do empate (10-10). Había punto de ouro, morte súbita a ou como o queiran chamar. Había emoción. O asalto definitivo, de oros dous minutos, empezou con moito tenteo... ata que aos 33 segundos chegaba a patada da vitoria e a carreira do vilagarciano cara á bancada. España accedía á final.

Na finalísima, o holandés Joel Remak, vencedor de Vasili Enachi (Moldavia), Tommi Ojanen (Finlandia) e Ridvan Akin (Turquía), comezaba por diante (1-0), recibín a resposta local (1-1) e asumía que quería gañar (4-1) cando só pasaran 70 segundos. Raúl Bouzas, jaleado pola afección, devolvía patada por patada no segundo minuto e remataba o primeiro asalto por diante (4-5). O segundo sería de tanteto, de máximo respecto de ambos os dous e só houbo unha conexión do pé xermano co peto galego. O máximo control seguía no terceiro, ata que a 35 segundos do final unha patada en metade do ataque holandés valía 3 puntos (5-8). Joel intentou recortar pero xa era tarde. Bouzas proclamábase campión de Europa sub 21. O vilagarciano axeonllábase e, despois, fundíase nunha abrazo cos que lle animaran como a ninguén nestas tres xornadas.

O combate final do peso mosca ( -58 quilos) non tivo tanta emoción porque Joel González é un fose de serie. Campión do Mundo absoluto en outubro pasado nos Mundiais de Copenhague na mesma categoría, Joel varreu nas eliminatorias (12-0 ao alemán Denis Roskoch, 13-1 ao holandés Djordy Janmaat e 8-5 ao armenio Hajkaz Samvelyan). Na final, fronte ao ao ucraíno Shami Sadygov, mandou sempre (parciais de 4-1 no primeiro asalto, 6-1 no segundo e 4-0 no terceiro) para impoñerse por 14-2. A súa longa perna ameazaba a cabeza do rival, que aos 35 segundos xa perdía 4-0 recibindo un primeiro punto e unha patada na cabeza. Cun técnica de xiro facía o 6-1 e a final estaba vista para sentenza. Así de doado.