Cabecera Vide

O Comité vigués de árbitros de baloncesto celebra dous novos cursos de iniciación

arbitroO Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto oferta o mes de novembro dúas novas oportunidades de entrar en contacto co mundo da arbitraxe. A través de dous cursos,  tanto para árbitros como para oficiais de mesa, o organismo federativo permitiralle, a todos os interesados, obter de balde unha óptima formación nestas áreas.

O primeiro destes cursos, o que se dirixe aos árbitros, iniciarase o vindeiro luns, 9 de novembro e constará de 10 xornadas repartidas entre esa data inicial e o día 23 de novembro. Nesta actividade,  o comité vigués aportará unha completa gama de materias tales como a Mecánica, a formación en pista ou as regras de xogo, entre outras.

As aulas terán lugar sempre en horario de tarde e executaranse na sede do propio Comité, no relativo  ao plano teórico, e no colexio San José de la Guía, no referente as sesións en pista.

Oficiais de Mesa

Pola súa banda, e para ofrecer un abanico máis amplo de actividades formativas, o Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto realizará entre o 11 e o 23 de novembro, en datas intercaladas, un curso de iniciación dirixido aos oficiais de mesa. Os días concretos do curso serán o 11, 12, 19 e 23 de novembro.

Durante estas xornadas traballarase sobre os fundamentos das labores de anotador, cronometrador e operador de 24". Así mesmo realizarase un pequeno test de repaso como axuda previa ao exame do curso que terá lugar o último día do mesmo, o 23 de novembro.

Información e inscricións

O Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto tramitará todas as consultas sobre ambos cursos, así como as solicitudes para a inscrición nos mesmos, na súa sede física ( C/ San Francisco, 49 -2. Esquerda), mediante vía telefónica (626613226) ou por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Curso de iniciación á arbitraxe (64.13 kB)

 Curso de iniciación. Oficiais de mesa (58.3 kB)