Cabecera Vide

Un bolseiro de VIDE, campión cadete estatal en trial

jorge-casales-otra-victoriaOs pasados días 17 e 18 de outubro en La Pola de Gordón disputouse a terceira e derradeira proba do RFME Trofeo Nacional de Trial Tr3, Xuvenil, Cadete e Mulleres. Na Copa de España de trial cadete, ao vigués Jorge Casales (Motoelite), cunha Gas Gas, bastáballe con rematar segundo para alzarse co trofeo, e así o fixo o novo piloto. Oriol Noguera (Gas Gas), que terminara en segunda posición nas dúas anteriores probas, facíase coa vitoria, pero o título viaxaba ás mans de Casales.

Casales é un deportista bolseiro pola Fundación Vigo en Deporte (VIDE) durante a gala de maio pasado e dentro das bolsas basee, pois con 14 anos é unha das promesas viguesas do mundo das dúas rodas.

Na localidade leonesa, Jorge Casales foi segundo ao entregar un cartón de 15 puntos (asegurou a clasificación picando nunha das zonas un cinco sen entrar, co que evitar as aglomeracións de pilotos que se estaban producindo e que lle poderían carrexar unha penalización ao final). O seu rival Oriol Noguera acabou con 12 puntos e levou o triunfo na proba, pero non puido impedir que o vigués gañase o campionato tras terse imposto nas dúas probas anteriores.

En 2010, o piloto vigués dará o salto á categoría junior no circuíto nacional e competirá con seniors no Campionato Galego.

 Cadete Total (4.16 kB)

 Cadete Total 1 (4.99 kB)

 Cadete Total 2 (53.32 kB)