Cabecera Vide

VIDE apoiará o Europeo sub 21 de taekwondo co seu programa de Voluntariado

125x92voviA Fundación Vigo en Deporte continúa o seu apoio non só aos eventos propios de base (Vigo Cup e campus polideportivo) senón tamén aos grandes eventos da cidade.

Nos últimos días, Laura Magdalena, directora xerente de VIDE, pactou coa presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Merce Barrientos, a posta a disposición da FGT do seu programa de Voluntariado. A Fundación xa actuou de igual forma cando o comité organizador do Campionato do Mundo de hóckey a patíns requiriulle axuda para contar con voluntarios durante o torneo de seleccións no Ifevi.

Do 6 ao 8 do vindeiro mes de novembro dispútase en Vigo (pavillón das Travesas) a primeira edición dos Campionatos de Europa sub 21 masculino e feminino. E VIDE garante o seu apoio aos campionatos co sistema de voluntarios. Non será esta a única experiencia da Fundación Vigo en Deporte nesta modalidade deportiva e tampouco coa Galega de Taekwondo: do 29 de xuño ao 4 de xullo, e no mesmo pavillón, terán lugar os Campionatos Mundiais Universitarios de taekwondo, coa organización de VIDE.