Lolo Penas e Marta Fernández gañan a xeral da Vigo+11

Imprimir

salida-vigo11-mediosGran satisfacción entre os organizadores do Vigo+11, polo éxito da convocatoria na que, a pesares da adversa meteoroloxía, logrou convocar na liña de saída a un milleiro de corredores e corredoras de todas as idades, que desafiaron á choiva e potenciaron, coa súa presenza, a proba urbana da cidade.

Cun dispositivo de preto de 200 persoas, entre organización, Policía Municipal, Protección Civil de Vigo, Cruz Vermella, New Balance, Begano, Coca Cola, as Autoescolas Faro, Paso e Salaberri, e xuíces da carreira, Vigo+11 foi organizado pola Delegación Viguesa da Federación Galega de Atletismo, e contou co patrocinio da Concellería de Deportes do concello vigués, Caixanova e El Corte Inglés.

Ás 10.30 horas tomaron a saída os máis pequenos da cita urbana, os Alevíns e Benjamines, cun percorrido menor, algo máis de 2 kilómetros, e coa ilusión nos seus rostros de afrontar este novo reto. A primeira en cruzar a liña de meta sería Íria Rodríguez Hortas, do Club Atletismo Porriño, que investiu un tempo de 5.45.

Aos 15 minutos da saída dos máis pequenos da proba en ruta, seguíronlles as categorías Infantil e Cadete, que fixeron un quilómetro máis que os seus antecesores na carreira, investindo Gonzalo Basconcelo, que foi o gañador, un tempo de 11.35, para o corredor de San Miguel de Oia.

Coa máxima puntualidade, tal e como estaba previsto, deuse a saída ás 11:11 horas, á proba absoluta do Vigo+11, con 11,2 kilómetros de percorrido polo centro da cidade viguesa, que atravesou no seu trazado ata 21 rúas diferentes, partindo dende Concepción Arenal (á beira da Alameda) e continuando pola propia Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de Valladares, Colón, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Cánovas do Castelo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, rúa Coruña, Praza de América, Camelias, Praza Independencia, Camelias, rúa Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón e meta en Concepción Areal, punto de partida.

Establecéronse dous metas volantes premiadas con 300 € cada unha delas, a primeira de Caixanova na Praza da Independencia, e a segunda a do Corte Inglés, en Gran Vía. Ambas foron gañadas polos titulares da xeral masculina e feminina do Vigo+11, o atleta do Puma Chapín de Xerez, Lolo Penas, en categoría masculina, e Marta Fernández, en feminina, do Comesaña Sporting Club. Penas gañaría a absoluta investindo un tempo de 0:33:27, apenas algo máis de media hora e sen chuvia, pero cunha temperatura que sufocaba. Segundo absoluto foi Jesús de la Fuente (Independente), e terceiro, Daniel Bargiela, do Corredoiras de Bueu. Segunda clasificada na categoría feminina foi a canguesa María Jesús Gestido, do Playas de Jandía, e terceira a mosense María Soledad Castro, do Comesaña Sporting Club.

Destacar en Xuvenís a vitoria de Samuel Rodríguez, do San Bartolomé de Moaña; a Carlos Yañez, do Samertolameu, que gañou en Junior, e a Ricardo Vale, do Sporting Clube de Braga, que levou a copa en Promesas. En canto aos veteranos, o gran triunfador foi Carlos Adán (Independente), aclamado á súa chegada á meta, do mesmo xeito que o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso, que ocupou a praza 39 na categoría dos Veteranos C, e que tamén foi aplaudido polo numeroso público á súa chegada a Concepción Arenal.

Ás 12.30 horas procedeuse á entrega de premios, un acto presidio polo propio Alonso, e ao que acompañaron no escenario Jorge Santos, director de Publicidade Institucional de Caixanova, José Manuel Blanco, Xefe de Relacións Externas do Corte Inglés, e Eleuterio García, delegado en Vigo da Federación Galega de Atletismo. Alonso quixo aproveitar a ocasión para homenaxear aos olímpicos galegos, que o acompañaron no escenario, entregándolles un fermoso libro sobre a cidade de Vigo. Asistiron os fondistas Carlos Pérez e José Carlos Adan, o velocista Ramón Magariños e o marchador Santi Pérez.