IMG 8274Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.

Agora debe optar por algunha das opcións que lle ofreceu a axencia. A súa sorte tamén é a dos clubs vigueses adscritos a Siareiros, que con esta iniciativa de venda de boletos para un sorteo (donativo dun euro por número e foron 40.000 unidades) conseguiron una importantes recursos atípicos. 

A entrega tivo lugar esta semana na sede de VIDE, no complexo das Travesas, e a ela acudiu tamén o presidente do Club Ciclista Vigués, Carlos Vidal. O sorteo, coma sempre, foi no tempo de descanso dun partido do Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas. Houbo dous boletos máis como reservas, pero o CC Vigués tiña localizado ao gañador. A viaxe é un premio dunha fin de semana para dúas persoas que Viaxes Zonda doa entre Portugal (Lisboa ou Oporto), Salamanca, Andalucía ou País Vasco en hotel de tres ou catro estrelas.

Dende o primeiro sorteo patrocinado por Zonda os clubs acadaron coa venda de boletos (unha doación de 1 euro por número) uns 250.000 euros.