IMG 5303O Concello de Vigo ven de anunciar esta mañá novas medidas fronte ao coronavirus COVID-19. O goberno local mantivo unha reunión de traballo no salón de plenos na que o alcalde informou ás e aos concelleiros das novas decisións en materia de protección fronte ao coronavirus.

Deste xeito, a Concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández, pechará ao público todas as instalacións deportivas municipais ata o día 29, aínda que, como se explica nun comunicado a entidades deportivas e usuarios e usuarias dos recintos deportivos, posteriores actuacións estarán vinculadas sempre ás directrices das autoridades sanitarias en relación coa evolución do coronavirus.

Velaquí, o comunicado íntegro elaborado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo en relación á última decisión tomada. 

Peche temporal de instalacións deportivas