angela balonman seisO traballo ben feito segue dando froitos ao Club de Balonmán Seis do Nadal-Coia. Dous xogadores en idade cadete masculina e feminina foron chamados para asistir a tradicional concentración de verán, encadrada dentro da Programación Nacional de Tecnificación Deportiva, financiada polo Consello Superior de Deportes e desenrolada pola Real Federación Española de Balonmán.

 

Campeonas MInibasketPor primeira vez na historia do club, os equipos alevín e benxamín do Academia Celta conseguiron de xeito simultáneo o título de campión galego tras a disputa das fases finais en A Estrada, durante a pasada fin de semana. Partidos de máxima tensión e competitividade mostraron o mellor das vinte e dúas xogadoras cun ambiente excelente.

 

convivencia vigo2015O pasado sábado, a Academia RedBlue VIGO2015 celebrou unha Xornada de Convivencia para os integrantes das súas categorías Prebenxamín e das Escolas de Babys, aproveitando a finalización das competicións. Para iso, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo que puxo a disposición da Academia o Pavillón do Berbés, entre as 10 e as 14 horas celebrouse un torneo, non competitivo e sen vencedores nin vencidos.

 

carmen prelchiA xogadora do Club Balonmán Seis do Nadal Coia, Carmen Prelchi, foi convocada polo seleccionador nacional xuvenil para as dúas importantes citas que España afrontará no mes de xullo, o Campionato de Europa OPEN e o Campionato do Mundo. Jenaro Félix, citou a xogadora viguesa o 26 de xuño en Madrid para traballar co resto das súas compañeiras, ata o 3 de xullo na Residencia 'Joaquín Blume' do Consello Superior de Deportes.

 

seis infantilO Infantil Feminino "A", Comunygal Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participou na Liga 1ª División Infantil Feminina conseguiu a clasificación para o Campionato de España de clubs infantil feminino que se celebrará en Tui e Porriño do 12 ao 18 de xuño do 2016 e na que participarán 32 equipos de toda España.