manel minibasquetO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiron onte á clausura e entrega de premios do XVI Trofeo Internacional Concello de ‪‎Vigo‬ de minibásquet, no Multiusos de ‪‎Navia.

 

lavadores2016Las Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado na súa cancha ante o Calvo Xiria (20-38), que se proclamou campión da Primeira Estatal de balonmán masculino. Dende os primeiros minutos os visitantes marcaron o seu ritmo e non deron opción aos locais que foron a remolque todo o encontro. Os de Carballo xogarán a fase de ascenso mentres que os vigueses se despiden da liga no décimo terceiro posto con 17 puntos e conseguen o seu obxectivo, manter a categoría.

 

trofeoELMO III Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive congregará, mañá sábado, a trescentas novas promesas do ciclismo de Galicia e Norte de Portugal, na viguesa Área Recreativa do Pouso, a partir das 16.30 horas, baixo a organización do Club Ciclista Vigués-Autronic e co patrocinio do Concello de Vigo.

 

celta manel caballeroO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitaron onte a unha representación das xogadoras do Celta Bosco Feminino de Baloncesto, que estiveron acompañadas por parte da Xunta Directiva do equipo e do cadro técnico, logo de proclamarse campioas galegas en tres categorías e antes de que disputen o Campionato de España o próximo mes de xuño.

 

beisbolVitorias do Olivo e Cinco Jotas, derrotas de Octavio, Magope e Halcones. O Academia Octavio, que camiña cara ao descenso, caeu derrotado na cancha do Zumosol Palma del Río (34-24). Os vigueses xogarán este domingo en As Travesas contra o Barcelona B (12 h) xa descendidos, se o Viveros Herol BM. Nava imponse ao Ciste BM. de Pontevedra o sábado.