cios vigoO equipo alevín do Cios Vigo Pelucas FS despois de quedar campión provincial o pasado día 4, no pavillón do IES Castelao no Calvario, onde derrotou o Poio Pescamar con un resultado final de 4-2, proclamándose campión provincial e deulle o pase para xogar o pasado domingo en Verín ao Campionato Galego xunto cos campión da Coruña (Ex-Alcohólicos), Lugo (Maristas) e Ourense (ED Verín).

 

celta juniorO Celta Feminino perdeu onte fronte ao CB Conquero (62-68) e quedou eliminado do Campionato de España júnior no terceiro e último encontro da fase de grupos. As igualdade foi a tónica de todo o partido pero a un minuto e sete segundos para o final, Conquero gañaba por un punto e as faltas persoais castigaron ás celestes, logrando as andaluzas seis puntos dende a liña de tiros libres.

 

halcones juniorTres xogadores da canteira de Halcones de béisbol, equipo adherido ao programa Siareiros  elite de VIDE, foron convocados polos seleccionadores galegos Francisco Bugallo e Juan Rodríguez (xogadores e técnicos do club Halcones), para disputar o Campionato de España de béisbol senior league, de seleccións autonómicas, que se disputará en Valencia entre os dias 12 e 15 de maio.

 

seis granitosO Magope Seis do Nadal Coia pechou a tempada adxudicándose a vitoria no derbi vigués ante o Granitos Ibéricos Carballal; un triunfo por 30-22 que lle permitiu concluír a liga na sexta praza. A pesar da diferenza no marcador final, os de Coia non puideron sacudirse a presión do seu rival até mediado o segundo tempo.

 

octavio barcelonaO Academia Octavio perdeu onte en Travesas ante o Barcelona B (26-32) e a falta de dúas xornadas para a finalización da liga na División de Honra Prata, certificaron a súa militancia a próxima campaña na Primeira Estatal. O balonmán vigués queda sen representación nas principais categorías do balonmán español tras tres décadas.