rugby copaOs Universidade de Vigo Rugby feminino e sub 14 proclamáronse no día das Letras Galegas campións da Copa Xunta de Galicia nas finais disputadas no campo de Monteporreiro en Pontevedra.  Das catro finais xogadas, o Vigo Rugby conseguiu a vitoria en dous das tres finais que disputou, xa que sub 18 non puido conseguir o triplete ao caer ante Os Ingleses de Vilagarcía nun parello partido por 30 a 17.

 

xuvenil xuvO pasado sábado, o C.V. Xuvenil participou no Campionato Galego da categoría cadete de voleibol en Monforte de Lemos. Pola mañá a semifinal enfrontaba ao equipo vigués co Liceo de A Coruña. O partido que foi moi intenso, chegando ao quinto set, con parciais que demostraban a intensidade do choque. 25-21, 36-34, 23-25, 31-33 y 15-12.

 

RE VIGO2015 JUVENILO Academia RedBlue VIGO2015, como campión do Grupo 1 de División de Honra Nacional xuvenil (composto na súa totalidade por equipos da comunidade galega), inicia o próximo sábado, a partir das 11:30 da mañá, a súa andaina na fase final de pa XIII Copa de España xuvenil.

 

sardoma olivoO Sárdoma levou o derbi ante El Olivo (1-0) no derbi vigués que pechaba a tempada en Segunda División feminina. As de David Ferreiro xa preparan a fase de ascenso. O sorteo terá lugar hoxe mércores e a primeira eliminatoria xogarase entre a última fin de semana de maio e o primeiro de xuño.

 

octavio cisneO Academia Octavio, descendido matematicamente, cedeu o domingo un empate en Travesas ante o Cisne (30-30), o que lle mantén na última praza da táboa e permite o club pontevedrés chegar vivo á última xornada, na que dependerá de si mesmo. Derbi moi igualado aínda que foron os vigueses os que se mantiveron á fronte durante a maior parte do encontro para acabar con repartición de puntos.