flic flac A pasada fin de semana celebrouse en Xirivella, Valencia, o décimo terceiro Campionato de España de ximnasia acrobática. O Flic Flac desprazou a corenta e oito ximnastas e cinco adestradores. Tras tres maratonianas xornadas competitivas e tendo en conta as doce horas previstas de autobús, os ximnastas do club vigués obtiveron a friolera de quince medallas, once individuais e catro por clubs (sumando as tres mellores notas de cada categoría).

 

vigo2015 ValenciaOs Xuvenís do Academia RedBlue VIGO2015 non superaron a eliminatoria de cuartos de final da XIII Copa de España. Tras finalizar 3-3 no tempo regulamentario, igualando un parcial de 3-0, un castigo de dobre-penalti que os árbitros sancionaron nunha contra dos vigueses a falta de 1,40 para finalizar a prórroga, que supuxo o 4-3, e a expulsión nesa xogada de Pedro condicionou o resultado final da eliminatoria.

 

pelucas alevinCinco (prebenxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) de seis categorías posibles do Club Cios Vigo Pelucas FS disputarán esta tempada o campionato galego de fútbol sala nas categorías bases, un luxo para o noso modesto club.

 

squash pontevedraOs pasados 14 e 15 de maio tivo lugar nas instalacións do Complexo Polideportivo Rías do Sur, en Pontevedra, o primeiro Open Xunta de squash da tempada cuns increibles resultados do club Vigo Squash. O gañador foi Miguel Mercé, do club vigués e top 5 nacional. Miguel, que conseguiu o seu terceiro torneo nacional en tres fins desemana consecutivos (gañou en Palencia e en Cantabria), dobregou na final a Adan lopez (tamén do Vigo Squash) por un tenteo de 3-1.

 

alcobendas octavioO Academia Octavio sufriu unha amarga derrota no seu último partido da tempada en Alcobendas (37-25). Os vigueses, que din adeus á categoría, foron capaces de aguantar a primeira parte do encontro logrando marchar ao descanso perdendo por 17-14. Tras o descanso, os locais aceleraron e fóronse no marcador.