linco abel manelA Liga Linco (‎baloncesto‬ intercolexial), unha idea do C.B. Seis do Nadal de 2003, pechou a tempada 15/16 este venres coa clausura da competición formativa por parte do alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, e do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. No Multiusos de ‪‎Navia‬, o rexedor entregou diplomas de participación e agasallos e comprobou a calidade e cualidades desta acción tan exitosa, ademais de pechar tamén o programa de escolas.

 

flic flac escolas abel manelOutra xornada de peche de escolas deportivas do programa municipal. As exhibicións de ‪‎ximnasia‬ ‪‎acrobática‬ do Flic Flac, nas Travesas, espectaculares. O alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, estivo acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e aplaudiu o excelente traballo do club de Jorge Méndez, que acadou quince medallas no Campionato de España hai uns días.

 

alcalde manel maniotasO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, clausurou onte as escolas deportivas 2015/16 de ximnasia rítmica do Maniotas, entidade que celebra agora o seu trixésimo aniversario e que conta con 200 nenas neste programa de formación.

 

carpa santiagoEsta fin de semana tivo lugar no Pavillón do Restollal en Santiago de Compostela, organizado polo Club Patinaxe Compostela, o Campionato Galego de patinaxe de cadete a senior. O Carpa-Viqueira estivo representado en distintas categorías polos seguintes patinadores, obtendo as seguintes posicións:

 

olivo erizanaEl Olivo enfróntase este domingo (12 h.) ao Seagull de Badalona no primeiro partido da fase de acenso a Primeira División. O equipo catalán é moi forte en defensa e sae a contraataque como frechas pasando por un medio campo de considerable altura. As olívicas teñen toda a ilusión para que este ano sexa o definitivo. Quedaría outra eliminatoria contra o gañador do partido Madrid - Tacuense.