rachaplumas provincialO pasado sábado tivo lugar en Ponteareas o Campionato Provincial Escolar de bádminton por equipos, con preto de 50 xogadores procedentes de Vigo, que realizaron un bo campionato conseguindo un total de 5 medallas, 2 ouros en alevín masculino, a cargo do Colexio Rosalía de Castro, e en cadete feminino a cargo do CB Rachaplumas, dous pratas, a cargo dos equipos do CB Rachaplumas benxamín mixto e alevín feminino, e un bronce para o alevin masculino do CB Rachaplumas.

 

loita baseO Club de Loita Cidade de Vigo rematou en primeira posición na xornada final da Liga de Deporte Base de Loitas, celebrada a pasada fin de semana  nun abarrotado pavillón municipal de Vila de Cruces. un total de 250 deportistas, representaron os 14 mellores clubs Galegos participaron no evento. 

 

seis baloncestoO conxunto júnior feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse campión da Segunda División júnior jeminina o pasado sábado na final da competición disputada en Santiago de Compostela. O equipo adestrado por Andrés Álvarez conseguiu o ascenso a Primeira División quedando primeiro clasificado do Grupo Sur da Fase de Ascenso da Liga Segunda División.

 

olivo xogadaAs rapazas do Olivo caeron pola mínima na súa visita onte ao CE Seagull de Badalona (1-0), no partido de ida da fase de ascenso a Primeira División. Dolorosa derrota nun partido moi igualado onde as ocasións máis claras foron para as olívicas. Este domingo recibirán as de Badalona no Municipal Pahíño (12 h.) e están obrigadas a remontar o gol encaixado onte.

 

hockey clausuraO ‪‎hóckey‬ a patíns tamén pechou o curso deportivo 2015/16 esta fin de semana dentro do programa municipal de escolas deportivas. O sábado, no pavillón do Carme, no complexo das Travesas, o alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e edil de Deportes, Manel Fernández, entregaron os diplomas e agasallos aos xogadores e xogadoras do Traviesas Hockey Club.