Abel Caballero e Manel Fernández apoiaron a segunda xornada da Liga Concello de Vigo de natación escolar

Imprimir

segunda xornada liga natacion escolarO Club Natación Rías Baixas volveu a encher onte domingo a Piscina Municipal do Carme coa celebración da segunda xornada da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo 2015-2016, á que asistiron o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández

Trinta e oito centros de ensino pelexaron polo triunfo, desde as 9:00 ata as 13.30 horas, na segunda das catro xornadas deste evento organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Club Natación Vigo Rias Baixas, FOANPAS e a Fundación Vigo en Deporte.

A terceira xornada terá lugar o próximo 24 de abril e a Liga finalizará o 12 de xuño, coa celebración da cuarta xornada.

Galería fotográfica