Outros tres puntos que voan para o Talleres ABC

Imprimir

Segunda derrota da tempada a sufrida na tarde do domingo do Talleres ABC Vigo FS  fronte ao Tui Futsal (3-4), con esta derrota os vigueses estáncanse na zona media da táboa clasificatoria. O partido comezaba tranquilo, a circulación de balón non era moi rápida por ningún dos dous conxuntos, os tudenses ben plantados na cancha deixaban a iniciativa aos locais, estes un tanto lentos e espesos en ataque non eran capaces de facer dano se non era en tiros afastados ou en veloces aparicións individuais por banda.

O partido se antollaba espeso e nunha das poucas aparicións en ataque na primeira parte dos visitantes lograron con gran fortuna tras dous rexeites un gol en propia porta de Nave (0-1), os do Talleres ABC lograrían tras varios intentos e un par de accións de perigo (disparo ao travesa incluída) empatar o partido por medio de Lombao (1-1), minutos más tarde foi expulsado por vermella directa por unha dura entrada por detrás a un rival cando encaraba solo contra Toni, cun bonito disparo que superou case sen ángulo ao porteiro visitante, pero o que poido ser un revulsivo para os locais no foi mais que un espellismo, mais do mesmo, circulación lenta de balón e planos en ataque o que facilitou aos tudenses a súa defensa practicamente en 9 metros por momentos, os minutos pasaban e a precipitación fixo a súa primeira aparición na tarde, asi faltando escasamente trinta segundos para o final unha perda de balón propiciou un rápido e moi bo contragolpe rival que acabou no fondo das mallas sobre a mesma bucina da primeira parte (1-2).

Na reanudación, os rapaces do ABC saltaron á cancha coa iniciativa de dar a volta ao marcador un pouco mais metidos no partido, e con mais intensidade conseguiron dar maior profundidade ao xogo, pero o pouco acerto de cara gol asi como as boas intervencións do porteiro rival facían que o ansiado gol non subise ao marcador, asi ata que unha boa combinación rematada por Xan poñía novamente a igualdade no electrónico (2-2), sen tempo para moita festa volveu caer no mesmo pecado de carencia de xogo alegre o que aproveitaron os de Tui para asentarse comodamente en defensa e nos seus poucos zarpazos sacar novamente petróleo (2-3), novamente a remolque no marcador.

Con cada vez menos tempo e mais ansiedade se plantaban no tramo final de partido, o xogo melloraba por momentos pero a falta de gol é un dos problemas deste equipo e demostrouno con creces, dous ou tres ocasións claras que foron marradas polos nosos que desen a volta ao partido e xa a falta de sete minutos para o final lograría Rober empatar o partido (3-3), co empate e o escaso tempo que quedaba o rival daba o punto por bo e o seu nivel de esixencia en defensa era notablemente superior ao noso en ataque por iso Edu decidiu a falta de tres minutos buscar a superioridade e xogar 5 x 4 con Carballo como porteiro-xogador, tivemos tres posesións ben trenzadas que remataron en posibilidade de gol, á cuarta outro fallo non forzado puxo en bandexa o partido aos de branco (3-4), sen marxe de manobra practicamente xogaron dúas posesións mais, unha delas con polémica ao golpear un defensa visitante o balón coa man dentro da área.

Ao final tres puntos que voan das Travesas, onde este ano o Talleres ABC non se estreou e que darán moito que falar, non tanto polo resultado en se senón polas malas sensacións do equipo.