Día do deporte inclusivo

Imprimir

lavadores diaOnte, no pavillón de Lavadores, a Asociación Down Vigo e o UB Lavadores, organizaron o Día do Deporte Inclusivo, cunha participación de 110 deportistas,entre todas os clubs e entidades que colaboraron no evento.

Ademáis dos organizadores, participaron tamén Down Pontevedra e Sociedade Deportiva Teucro, Academia Octavio e Balonmán Seis do Nadal. Dende o UB Lavadores, esperan seguir crecendo e para o ano que vén tratar de darlle un impulso maior e facelo mais oficial e poder contar con mais xente.

Dende o Club agradecen a todos os nenos e nenas que participaron no evento así como a todos os familiares que encheron as bancadas do pavillón.