AMFIV BASKETMI 4Catro equipos Siareiros de elite gañaron con facilidade. O sábado o Amfiv facíao no seu feudo fronte ao Abeconsa Baskemi Ferrol (80-40), nun encontro que estaba xa canalizado no primeiro cuarto e sentenciado no descanso. A vitoria permítelle aos pupilos de César Iglesias soñar con disputar a fase polo título.

Esta fin de semana viaxarán a terras madrileñas para enfrontarse ao Getafe. A liga de Baloncesto en cadeira de rodas para ata xaneiro.

O Blusens Vigo Rugby tamén venceu con facilidade ao Real Oviedo en As Lagoas (41-22). Exhibición do canterano Marcos Muñiz. Tras sete derrotas consecutivas, esta vitoria os aupa á oitava posición na táboa, o que lles permite respirar un pouco. Esta fin de semana enfrontaranse, de novo en Ás Lagoas, ao Durango, será o sábado 19, ás 12 h.

E xa o domingo dúas goleadas dos Siareiros elite. O Mosteiro vencía con facilidade ao Atlético Benavente en terras zamoranas (1-7). Os de Bembrive escalan unha posición na táboa con esta importante vitoria, quedan cuartos, con 24 puntos. Esta fin de semana reciben a O Esteo FS. O encontro será o sábado 19, ás 18.30 h. no Pavillón de Bembrive.

E onte, as rapazas del Olivo golearon ao Mareo en Gijón (1-6). As viguesas continúan imparables cara a un novo título no seu grupo da categoría de prata de fútbol feminino. A liga para ata despois das festas.

E o resto foron derrotas para os clubs Siareiros elite. O Academia Octavio perdeu na cancha do Barcelona B (26-21) nun encontro onde os vigueses lle plantaron cara ao equipo local. Tras esta nova derrota os académicos caen á última praza de el táboa. Esta fin de semana desprázanse á cancha do Cisne BM.

Pola súa banda, en primeira nacional, o Cinco Jotas e o Magope perderon nos seus canchas. Os de Lavadores facíano ante o Acanor Novás (17-32), superior aos vigueses salvo os primeiros quince minutos. Esta fin de semana haberá derbi vigues, xogarán na cancha do Granitos Ibéricos. E os de Coia caían ante o E. Lalinense (21-26), nun partido igualado onde os locais deixaron escapar nos últimos vinte minutos de partido. Esta semana enfrontaranse ante o E.D. Porto Artai a domicilio.

As rapazas do Celta Zorka perderon pero plantáronlle cara ao GDKO Ibaizabal na súa cancha (74-67). Canella e Loureiro, máximas anotadoras. Novena derrota da tempada pero nesta ocasión xogaron ben as de Cristina Cantero. Este sábado reciben en Navia ao ADB Araski AES, o encontro comezará as 18.30 h.

E para rematar o voleibol, o Club Vigo caeu na casa do Badajoz (3-1) no partido correspondente á úndecima xornada da superliga 2 e o Xuvenil Teis caía ante o Emevé no seu feudo (3-0). Os de Coia descansan esta fin de semana polo parón de Nadal e as rapazas de Teis reciben ao Covadonga, o partido será o sábado 19, ás 18.15 h. no Pavillón de Teis.