Cabecera Vide

O UB Lavadores mantén a categoría

O UB Lavadores tras perder a categoría a pasada campaña, recupera a praza que tiña na Primeira Estatal, grazas ao ascenso do Cisne a División de Honra B, ademais de que o BM Camariñas renunciou á mesma. A tempada comenzará o vindeiro 27 e os de Lavadores recibirán no seu pavillón ao BM. Luceiros.

Yago Bangueses, porteiro precedente do Seis, 32 anos, Adrián Blanco e Rafael Andrade, serán os primeiras liñas procedentes do Chapela, de 25 e 23 anos, este último formado ata a categoría xuvenil no club de Lavadores. Bruno Estévez, xogador da casa que estivo uns anos inactivo e que volve á disciplina do club, primeira liña que chegou a xogar na selección española junior, de 23 anos.

O Club segue mantendo a corrente de ter un equipo na súa maioría formada por xente nova e principalmente da casa.