Cabecera Vide

O Bembrive claudicou ante o Burela

mosteiro burelaO CD Mosteiro Bembrive FS dixolle adeus á Copa Xunta de Galicia caeu derrotado ante o potente Burela Pescados Rubén, onte no Pavillón de Bembrive. Os vigueses plantáronlle cara aos lucenses de primeira división. 

Comezou o partido con dominio visitante, tras o descanso os de Pitu saíron fortes e pelexaron pero a dez minutos perdían por 0-5, sen nada que perder apostaron pola táctica de porteiro-xogador e lograron tres goles case seguidos, maquillando o resultado final a 3-5.

Esta fin de semana retomarán a Liga enfrentándose ao FS Cuéllar Cojalba, o encontro será o sábado 13 ás 18.30 h. no Pavillón de Bembrive.