Cabecera Vide

O fútbol sala de elite regresa hoxe a Bembrive

mosteiro rozoO Mosteiro Bembrive disputa hoxe martes ante o Burela Pescados Rubén de Primeira División, os cuartos de final da Copa Xunta de Galicia. O encontro será ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive.

Os vigueses, que o pasado venres venceron a domicilio ao Xove Fútbol Sala por 1-6, terán a oportunidade de dar a sorpresa ante outro equipo da máxima categoría, como xa o fixeron o pasado mes de novembro na Copa do Rei, cando apearon ao Santiago Futsal nos dieciseisavos de final.

O Burela Pescados Rubén, adestrado pola lenda do fútbol sala mundial, o hispano-brasileiro e exinternacional Daniel, visita Vigo nun magnífico estado de forma e en plena loita polos postos de play-off en División de Honra. Actualmente a súa competición liguera atópase detida pola disputa da eurocopa de Serbia.

Pola súa parte, os pupilos de Pitu, cuartos en Segunda División B a sete puntos dos colíderes Noia e Cuéllar, tratarán de avanzar ata semifinais desta competición oficial empurrados polo bo ambiente que espera no municipal de Bembrive.

En canto aos antecedentes, ata en dúas ocasións se enfrontaron ambos os dous equipos a pasada campaña 14/15: vitoria para o Mosteiro Bembrive en dieciseisavos de final da Copa do Rei e para os burelenses en cuartos de final da Copa Xunta.

O Mosteiro Bembrive contará con todos os seus efectivos, mentres que o Burela terá a baixa confirmada do internacional Matamoros, convalecente por unha lesión de xeonllo.

O Club espera que a afección responda como vén sendo habitual nestes acontecementos e estableceu en 5 euros a entrada única para o encontro.