O pasado sábado, no pavillón Estadio da Xuventude, en Pontevedra, sobre 3 tapices de competición, realizouse o Campionato Galego sendo clasificatorio para o Campionato de España, que se celebrará o 14 de marzo en Madrid. Os resultados por clubs están a demostrar que o norte de Galicia a superado a loita de Vigo con creces (Vigo foi durante anos o eixe, agora toca remontar e aumentar os loitadores nos clubs vigueses), sendo os máis importantes de Vigo o Kuzushi, Cidade de Vigo e San Ignacio.
Resultados por clubs:
SÉNIOR LIBRE OLÍMPICA
1º Villalba
2º Keltoi
3º Pontevedra
SÉNIOR GRECORROMANA
1º Keltoi
2º Villalba
3º Pontevedra
SÉNIOR FEMININA
1º San Ignacio
2º Pontevedra
3º Cidade de Vigo
CADETE FEMININO
1º Keltoi
2º San Ignacio
3º Rabade
CADETE LIBRE OLÍMPICA
1º Sabarís
2º San Ignacio
3º Villalba
CADETE GRECORROMANA
1º Villalba
2º Rabade
3º Keltoi
Vigo mantense a nivel de Galicia en loita feminina sendo campioas en sénior e subcampionas en cadete (San Ignacio), co seu adestrador Eladio Bello. E en cadete masculino, subcampionato para San Ignacio (adestradora Ángeles Álvarez). O outro equipo do sur de Galicia é o Sabarís (de Baiona) que destronou o título do San Ignacio 2014 de campións galegos.
Moito dos bos resultados do norte veñen dados debido a que teñen loitadores e loitadoras no C.G.T.D., levado por Alexander kachalaev, técnico ruso da federación galega de loita.