Cabecera Vide

Brillante resultado do Carpa-Viqueira no Campionato Galego de patinaxe

carpa santiagoEsta fin de semana tivo lugar no Pavillón do Restollal en Santiago de Compostela, organizado polo Club Patinaxe Compostela, o Campionato Galego de patinaxe de cadete a senior. O Carpa-Viqueira estivo representado en distintas categorías polos seguintes patinadores, obtendo as seguintes posicións:

Categoría xuvenil feminino con Laura Rolán (3ª), xuvenil masculino: Javier Martínez (1º) e en cadete masculino: Pablo Fernández (5º)y Iago Iglesias (6º).

Coas posicións obtidas no devandito campionato, Laura Rolan e Javier Martínez, obteñen praza para participar nos Campionatos de España correspondentes segundo a súa categoría.

Parabéns do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, polo brillante resultado.