Carpa Grupo Viqueira, Ribex, CPA Gondomar e Campus Stellae acadan o I Trofeo Concello de Vigo de grupos show

Imprimir

manel trofeo patinaxeO I Trofeo Internacional Concello de‪ ‎Vigo‬ de grupos show, unha aposta do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, para dar maior contido á‪ patinaxe‬ artística local, modalidade estrela do programa de escolas deportivas, coroou ao ‪‎Carpa‬ Grupo Viqueira.

O club vigués (gañou en grupos grandes e cuartetos), ao Ribex tudense na categoría promocional, ao CPA Gondomar en grupos show pequenos e ao Campus Stellae santiagués en xuvenís.

O mal tempo non restou afluencia nin participación e a presenza de clubs doutras comunidades autónomas deulle un plus de competitividade á proba, organizada polo Patín ‪‎Vagalume‬. O club vigués que preside Miguel Quereizaeta non só traballou arreo a nivel organizativo: na competición o Vagalume asinou un podio en categoría xuvenil cun magnífico terceiro posto. Ademais, outro club vigués, o Valladares, acadou a terceira praza en grupos grandes.

Vestiarios coloridos, outros xogando co negro e branco, algún arriscado, coletas voadoras, músicas atrevidas para as coreografías... As Travesas soou a piano, a heavy, a Beethoven, a The Piano Guys, 2Cellos, David Guetta, a composicións para cinema o televisión pero, sobre todo, aos aplausos dun público envorcado cunha dás modalidades máis belas e visuais que na cidade se practican.

Vagalume grupo juvenilCuns 2.000 espectadores de media ao longo das ¡oito horas! de exhibicións -con picos de 2.200 espectadores-, o Central viviu unha apaixonada xornada que comezou cos grupos promocionais. Precisamente eles foron a representación máis numerosa de cantas categorías estaban en xogo.

Ata cinco gañadores conquistaron o trofeo vigués, aínda que as patinadoras do Gondomar foron quen de levarse a meirande ovación da xornada coa modalidade de grupo pequenos. A dez minutos das oito do serán, o seu programa saía en cuarto lugar co Alquimia liderando a clasificación con 44,4 puntos e unha posta en escena excelente. Pero as gondomareñas saíronse. Ademais, o seu triunfo foi dobremente meritorio. Tiveron que voltar a patinar por un parón na música rapidamente resolto... e bordárono.

A súa coreografía, programa titulado "A miña realidade", apropiouse da pista con composicións de Giuliano Taviani para empezar e de Max Richter para rematar. Tanto ás tres puntuacións do contido do programa como ás de valoración da presentación artística, movéronse entre os 9,0 e os 9,5 puntos. En total, 55,1. Faltaban cinco agrupacións por saír pero o primeiro posto a ía ao Val Miñor. Patinaxe apaixoada aderezada con intensa interpretación xestual. A única oportunidade en que o pavillón veuse abaixo de xeito atronador. As campioas de Galicia, título conquistado o pasado xaneiro non mesmo escenario, volvían tomar As Travesas. E non lles estrane: ás pupilas de David Figueroa son quintas de España e o seu percorrido non conclúe aquí.

E en categoría xuvenil, o Campus Stellae, con "Foses ti", sumaba 48,50 puntos, completando o podio o Patín Condado (46,1 puntos) e o local Vagalume Celtamotor (43,0).

voviA maratoniana sesión de patinaxe artística, que concluíu de madrugada, pechouse cos grupos show grandes e os cuartetos, categoría esta que contou coa participación portuguesa. O Carpa Grupo Viqueira conquistou os dous títulos: en grupos grandes, co seu programa "Náufragos en terra", que sumou 50,20 puntos; en cuartetos, co seu programa "Paixón Gotan", que sumou 51,10 puntos nun concurso enormemente rifado e co podio compartido por dúas agrupacións lusas.

A Fundación Vigo en Deporte colaborou no Trofeo a través dos Vovis (voluntarios VIDE) que traballaron arreo no desenrolo do evento.