Éxito do Carpa Viqueira no Galego de Show xuvenil e cuarteto

Imprimir

carpaO pasado sábado en Santiago e organizado polo club Campus Stellae, tivo lugar o Campionato Galego de Show nas modalidades de xuvenil e cuarteto, no que o CARPA-Viqueira obtivo unha terceira posición na modalidade de Xuvenil coa coreografía "Glamour Vintage" e un primeiro posto na de Cuarteto coa coreografía "Paixón gotan". Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, amosouse moi contento co resultado do club adherido ao Programa Siareiros base da Fundación.

A clasificación final foi:

Categoría Xuvenil
1º Club Condado con "Rompendo o silencio"
2º Campus Stellae con "Foses ti"
3º CARPA-Viqueira con "Glamour vintage"

Categoría Cuarteto:
1º CARPA-Viqueira con "Paixón gotan"
2º Anfora con "Army"
3º Axel Arteixo con "Diva"