O Carpa Grupo Viqueira organiza o X Campionato galego de grupos show

Imprimir

campionatocarpaO club Carpa-Grupo Viqueira foi designado pola Federación Galega de Patinaxe para organizar o X Campionato de Galicia de grupos show de patinaxe artística.

Este evento é o que congrega ao maior número de participantes, así como de público, da tempada de patinaxe artística, dado o espectacular desta modalidade que mestura técnica, coreografía e vestiario.

Nesta ocasión o Pavillón Central das Travesas congregará o vindeiro sábado 5 de febreiro, a partires das 17,30 horas, a preto de 200 patinadores/as de nove clubs da provincia de Pontevedra: club Valladares, club Ánfora, club Porriño, club Castrelos, club Bolboreta, club Ribex, club Vagalume, club Coruxo e Carpa-Grupo Viqueira; e catro da provincia de A Coruña: club Campus Stellae, club Alquimia, club Ribeira e club Fontiñas.

Todos eles competirán para conseguir a posición que lles permita participar no Campionato de España de grupos-show, que celebrarase os vindeiros 11 e 12 de marzo na localidade de Alcoy organizado pola Federación Comunidad Valenciana de Patinaxe.