Cabecera Vide

Un punto que soubo traballar un Coruxo que se presentou en León a pola vitoria

Posiciónanse inmediatamente as defensas dos dous equipos ao medio da pista e tomando moitas precaucións por ambos os dous conxuntos. A primeira ocasión de gol é de Pablo Valle cun tiro raso potente ao segundo pau e sae lixeiramente por fóra. A resposta é do P.Deyma, que por mediación de Dani fai lucirse a Lolo, aí o porteiro vigués estivo moi acertado.

Seguía o equipo vigués en busca do gol e a segunda ocasión é de Siso, e que nesta ocasión sería Fran, o porteiro local que evita o gol. AOS poucos minutos unha grande combinación entre Jorge e Mario pero que non chega a finalizar con perigo. Sen moitas faltas neste período pasaría moi rápido o tempo, e xa nos últimos minutos chegan os goles, o primeiro do P.Deyma, que o anota Raúl nun tiro colocado ao primeiro pau que Lolo non logra neutralizar. Ao minuto seguinte Pablo Valle realiza unha internada pola banda dereita ata a liña de fondo e mete o pase ao segundo pau onde Manu non ten outra cousa que facer que empurrala ao fondo das mallas, era o empate 1-1, e que era a xustiza de como estaba a transcorrer o partido.

A segunda parte preséntase con bastante máis ritmo, e o Portas Deyma móvese máis, e moi electricamente o balón, e o Coruxo tamén segue o ronsel dese xogo e a primeira ocasión deste período é unha boa xogada de Pablo Valle que desborda ao seu par, e ante a saída do porteiro tamén o supera con autoridade, e xa con pouco ángulo establece o 1-2, e dende aí poñían as cousas bastante ben para o equipo de Rachí. Ao seguinte minuto un grande disparo de Siso finaliza cunha impresionante intervención do porteiro local. E minutos máis tarde chega o gol do empate que o anota Carlos nun balón longo do porteiro e ante a mala saída de Lolo solo ten que empurrar á rede o 2-2.

O equipo vigués non se descompón e busca a vitoria con afán e ideas moi claras, e nunha falta a favor do Coruxo que a tira Siso, rexeita a barreira e Fabio tira con potencia pero volve despexar o porteiro leonés noutra grande intervención. Cando faltan dez minutos para o final o P.Deyma perde o seu xogador Carlos por dobre amarela tras realizar dúas entradas por detrás. E o Coruxo en superioridade numérica move ben o balón e Pablo Valle marca o 2-3 para os vigueses.

O os últimos tres minutos de partido, o P.Deyma pon en liza a táctica de porteiro xogador ante un Coruxo que defende ben pero un único balón que meten á zona de castigo Lolo non o atrapa en condicións e Raúl dándoo ao balón e á man de Lolo introdúceo na portería, aí chegan as protestas do porteiro do Coruxo porque considera que é falta ao golpearele claramente na súa man pero os árbitros dan como valido un gol que evidentemente é falta do xogador leonés.

Faltando un minuto para finalizar o encontro Mario é expulsado por dobre amarela por protestar, aí tivo o equipo local os seus momentos de máis chance, pero os vigueses souberon defender un empate que pode valer o seu peso en ouro.

O próximo partido é no Pavillón de As Roteas, ante o M. Caloto Loyo Sarria. E como é obvio, ao equipo vigués quédanlle tres auténticas finais: M.Caloto (En Vigo), Noia F.S. (Noia) e o Azkar (Vigo).

PUERTAS DEYMA 3
CORUXO F.C. 2
Partido disputado o sábado 10 de Abril no Pavillón Camiño de Santiago ás 20:00 h. e correspondente á xornada 26ª da Tempada 2009/2010.