Tres puntos que catapultan ao Coruxo cara á salvación, esta vitoria en A Pontenova ante o Rececende chega no mellor momento xa que na anterior xornada o Azkar Lugo B sorprendía ao potente Carballiño por 4-3, e que facía desta actual xornada a necesidade de gañar en Lugo xa que se convertera nunha cuestión de vital importancia para o futuro do Coruxo.

O equipo vigués, pendente aínda de xogar o segundo tempo ante o Narón, partido que reflectía no momento da suspensión por condensación da pista un empate sen goles.

O resultado ante o Rececende é tan merecido como buscado polo equipo vigués dende o minuto un, onde Pablo Valle perfora a rede dos lugueses cando corría o minuto tres e en xogada persoal. A pesar de marcar tan pronto o primeiro gol, os vigueses non baixaron a intensidade do xogo e lanzáronse a por un marcador que lles dese máis cobertura o resto do encontro, e así como Cuca sacaría varias mans inconmensurables, o porteiro do Rececende tamén estaba a ter traballo axustado e o gol xa se vendía moi caro.

Os goles foron chegando por parte do Coruxo, e así de dobre penalti amplía a súa vantaxe o equipo vigués, co 0-2 a cousa pintaba ben, e sobre todo cando antes de chegarse ao descanso sobe o 0-3 ao electrónico, e faltando 30 segundos para finalizar o primeiro tempo, Cuca detén un dobre penalti que o equipo lugués pagaría na reanudación.

AOS cinco minutos do segundo tempo os vigueses xa mandaban con autoridade co 0-5, e que se antojaba xa un mundo por superar a un Rececende que estaba a claudicar ante o mellor xogo elaborado polos visitantes. O partido, en todo momento controlado polo Coruxo, pero a veteranía é un grao, e aí o equipo lugués demostrouno ao poñerse con ese inusitado 2-5, e que posteriormente soubo provocar as faltas no combinado vigués. Faltando oito minutos de tempo efectivo é cando chega a xogada que puido cambiar o desenlace final do encontro.

Sería nun contraataque a favor do Coruxo e que o porteiro local intercepta mediante falta, e aí os árbitros fanse unha lea e cada un interpretou de distinto xeito o lance, e o que puido ser gol dos vigueses convértese en falta a favor pero sen tan siquiera ensinarlle tarxeta ao porteiro local, Noel. Os árbitros estiveron ben en liñas xerais e realizaron unha grande arbitraxe.

Os últimos minutos dispútanse a un gran ritmo, e cos lugueses achegándose no marcador, e do 2-5 pasa ao 4-5 en breve tempo, e o que antes era un control por parte dos vigueses converteuse nun angustioso final onde a pesar de todo o Coruxo soubo manter o tipo.