Un calco do partido disputado na primeira volta onde aquel día estivo o Coruxo moi superior tanto en xogo e ocasións de gol, pero que o conxunto leonés do Cistierna levaría un punto tras conseguir un empate 3-3. E para non ser menos, outra vez nesta xornada repetíase o mesmo guión co Coruxo xogando máis e mellor, e iso que aos trinta segundos o equipo leonés anota o primeiro gol.

Non se veu abaixo o equipo vigués, que a base de insistir consegue o empate por medio de Siso. Aínda que o resultado era curto para os méritos dun equipo e o outro, xa que se alguén estaba a arriscar máis e levando o peso do partido ese era o Coruxo.

Tanto Álvaro como o propio Siso fallaran varas ocasións de gol cada un, desas que non se poden fallar porque o rival remata por crecerse.

O segundo tempo estivo máis activo, sobre todo por parte do porteiro do Cistierna, que estaba a evitar goles incribles. Nos últimos minutos o Coruxo entra na cota das cinco faltas, e os locais xa deran varios avisos ao estrelar nos paus varios disparos moi potentes.

O resultado final de 2-2, os dous goles dos vigueses anotados por Siso, e que deixa a situación tal como estaba, co Coruxo a seis puntos por enriba do Cistierna e ampliando un pouco máis a diferenza co Torre Reis.

CISTIERNA F.S. 2
CORUXO F.C. 2

Sábado, 6 de febreiro de 2010. Campo Municipal Cistierna (León).