Cabecera Vide

Un empate que ao Coruxo lle sabe a pouco

O Coruxo deixa escapar dous puntos ante un Deyma que tivo excesivas facilidades. E é que o equipo vigués demostrou que leva máis fútbol sala nas súas zapatillas.

En tromba sae o equipo de Piru despregando un fútbol sae de moitos quilates, e non é de estrañar que o primeiro gol chegase no minuto dous por medio de Mario, pero segundos antes o equipo leonés case marca nese disparo de Anxo e que o porteiro local detén.

Durante os seguintes minutos seguiu o equipo vigués xogando máis e mellor que o seu rival, xa se vía vir o segundo gol local onde Pablo Valle era o xogador máis activo dos vigueses. Pero nada diso sucedeu e o Coruxo botouse atrás dando moito marxe a un Deyma que xa se mostraba como un equipo ben plantado, pero máis que nada pola relaxación dun Coruxo que cedera o mando a un equipo que depende en exceso de Anxo.

A pesar do dominio leonés, estes non xeraban ocasións de gol, e pola súa parte, as contraás dos locais levaban auténtico perigo á portería defendida por Jorge, sobre todo cando a Fabio se lle quentaba o nocello nesas maxistrais asistencias polo interior da defensa visitante, pero custaba engatillar o disparo final con garantías. Pouco a pouco ía quedando moi claro que o equipo de Piru podía gañar este partido con autoridade, pero que faltaba algo máis de pouta e insistencia no bo xogo.

O P. Deyma non deixa pasar as oportunidades, e entre Anxo e Luis poñían a proba a Kuka, pero o porteiro local mostrábase intratable. Xa era demasiada monotonía, isto é, un Coruxo con calidade pero sen moita trazada á hora de encarar un partido que se antojaba importante. Por iso, que o acentuado dominio do equipo leonés se traduce no gol da igualada que Carlos sobe ao luminoso, un 1-1 moi merecido por certo.

En cada ocupación sempre haberá unha resistencia, iso dicíao Mahatma Gandhi. Pero o Coruxo nin resistencia nin orgullo mostraba ante a ocupación dun Deyma moi ambicioso. E outra vez chega o gol dos visitantes, era o 1-2 que Ángel envía ao fondo das mallas facilitado polo grande burato interior da defensa local. Corría o minuto 19 e pouco máis deu de si este período.

O segundo tempo móstrase dende os primeiros compases como rexurdir do equipo local, e agora xa se lle vía máis ambición, pouta e con posesións máis prolongadas. Esta era a situación real xa que ao equipo vigués lle sobra calidade como para gañar partidos con solvencia, e chegaría o empate 2-2, obra de Mario. E que poucos segundos despois Pablo Valle case amplía a vantaxe nese obús raso e colocado pero que o porteiro leonés despexa xusto cando se ía o balón á rede.

O dominio xa era dun Coruxo que parecía decidido a machucar o resultado, con velocidade e diversidade, este o era o punto gravitatorio do xogo local. Aínda que o equipo leonés en ningún momento perdeu a compostura, e Anxo seguía demostrando que é un xogador de moita calidade, sobre todo á hora de finalizar as xogadas de ataque, onde o xogador leonés ten unha inmensa despensa de recursos que parecen innatos.

No minuto dez deste período, Pablo Valle pon un balón en bandexa sobre Cristian que marra a dous metros da liña de gol unha ocasión desas que non podes fallar porque o rival se crece. Se que non fallaría o louro xogador minutos máis tarde cando Mario intercepta unha contra do equipo leonés e cede a Cristian, que anota con grande autoridade o 3-2 para os locais. E o P. Deyma acordándose do inmenso desgaste que realizara no primeiro tempo.

E outra vez o Coruxo deixa a responsabilidade ao Deyma, e que como é lóxico non deixaría pasar a oportunidade para empatar outra vez por medio de Anxo, que só ten que tocar levemente un balón que viña dende os nove metros e que ningún defensa local chegaría a despexar, 3-3, e o partido non o empatou o Deyma, deixouse empatar un Coruxo errante e que non estaba a impoñer a súa maior calidade.

Con 48 ¨ de tempo efectivo, aínda puideron marcar ambos os dous equipos , pero os porteiros estiveron soberbios e evitaron o gol da vitoria.

A conclusión é tan aplastante como real, e sobre todo moi positiva. Que o equipo de Piru vai a máis, pero moito, e que o tempo vai demostrar o que leva dicindo dende hai uns meses. Que este Coruxo vai facer unha grande segunda volta e que dentro de seis meses, en Maio, estaremos a falar do grande traballo do propio Piru e dos seus xogadores, porque este Coruxo está a traballar para o futuro sen esquecer vivir o presente. Que ten xogadores con moito fútbol sala nas súas zapatillas.

Coruxo F.S.: Kuka, Lolo, Pablo Valle, Manu Boan, Jorge, Jonhy, Álvaro, Siso, Fabio, Mario, Cristian.

Portas Deyma F.S.: Jorge, Sergio, Marcos, Omar, Anxo, Álvaro, Dani, Berto, Carlos.

Árbitros: Manuel Vázquez Illodo, e Orballo Ruano Melón (Santiago)
Crono: Carolina Vidal López (Ferrol)

Goles Coruxo: Mario (2), Cristian (1)
Goles Deyma: Marcos (1), Anxo (1), Carlos (1)